Características

Taquilla Manager integra nunha soa plataforma todas as funcionalidades e servizos complementarios necesarios para lograr unha xestión cultural sobresaliente.

Unha aplicación á túa medida

Dispoñerás do teu propio deseño de entradas, espazos culturais, procesos de fidelización, portal web de venda e App, para que os teus clientes teñan unha experiencia cultural única.

Cunha canle web e app propios

Taquilla Manager ofréceche unha canle web propia adaptada a diferentes dispositivos (Pc, Tablet ou Smartphone ) que che permitirá desenvolver de forma diferenciada a túa estratexia de xestión de eventos culturais e entretenemento.

E apoiándonos en canles externas

Taquilla Manager apóiase en canles externas dixitais para lograr unha xestión óptima da ocupación nos eventos culturais que organices, e obter a máxima difusión dos mesmos .

Para xestionar todo o ciclo de vida dun evento

Desde a creación dos diferentes eventos culturais cos mapas de butacas e diferentes tarifas, ata o final do proceso co tiqueo das entradas e a xestión financeira de cada espectáculo.

Sen límite de espazos culturais e eventos

Iso si, sen ningún límite na creación de espazos culturais, mapas de butacas, eventos, tarifas ou compañías asociadas. O noso obxetivo é lograr que la xestión dos eventos culturais dunha organización sexa un proceso coherente e prologando ao longo do tempo.

Con módulo de xestión económica e xerador de informes

Por este motivo introducimos un módulo de xestión económica que che permitirá coñecer en tempo real a situación da túa caixa, vendas nun evento concreto por tarifas, informes globais ao longo dos meses, etc. Todos eles exportables en forma de informes a formato Excel ou PDF.

E informes e cadro de mando

Que che permitirá a golpe de vista coñecer a situación da túa organización, dun evento cultural ou espectáculo particular en diferentes dimensions (mapa de ocupación, xestión de vendas, etc.) 

Con acceso a Taquilla Manager Learning Institute

A través de Taquilla Manager Learning Institute poderás converter a túa plataforma nun elemento aínda máis configurable e interoperable, que che permitirá decidir que tipo de hardware desexas intergrar (impresoras, pistolas, pda´s ...), así como integrar novas funcionalidades e/ou servizos de valor engadido.

E co noso soporte permanente

Cun equipo de márketing e soporte técnico especializado para lograr axilizar os procesos de programación, venda e atención o cliente co obxetivo de lograr a satisfacción da túa audiencia e a optimización das túas vendas.

Solicita unha demo 100% operativa de Taquilla Manager de forma gratuíta, e pescuda as vantaxes que Taquilla Manager pódeche ofrecer.

Utilizamos cookies para personalizar el contenido, características y anuncios. Compartimos información sobre el uso de nuestro sitio con nuestros socios, que pueden combinarla con otros datos aportados en sus servicios

Voy a ver la política de cookies